Club

Normas deportivas

Tarxeta vermella á violencia no deporte

  • Fago deporte porque me gusta e é bo para a miña saúde
  • No xogo en equipo tod@s somos iguais de importantes
  • Teño que cumprir as normas e o reglamento
  • Sempre lle fago caso ós árbritos
  • Creo nos valores do deporte
  • Respeto ó meu entrenador
  • Sei perder e tamén sei gañar
  • Felicito ós compañeiros e ós adversarios
  • Non pego, nin insulto xamais o esforzo dos demais
  • A miña familia ven a animar, nunca a insultar ou a cuestionar

Convenios

Resumo do Convenio ca Fundación Celta

Por unha banda poñer a disposición do REAL CLUB CELTA DE VIGO a todos os xogadores federados das categorías Benxamin, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil. O que permite unha serie de dereitos ao E.D. C Verín como equipo formador.

Na parte de prestacións :
O REAL CLUB CELTA DE VIGO, facilitará o acceso gratuíto en todos os partidos de liga excepto o declarados día do club aos xogadores do club con pases/entradas para a bancada de GOL.
Entradas para grupos con pai/nai ou responsable para dous partidos de liga, para facilitar mellor os desprazamentos.

VANTAXES directas:
10% de desconto nas compras realizadas nas tendas oficiais do REAL CLUB CELTA DE VIGO.
Entrada gratuíta ao Museo do REAL CLUB CELTA DE VIGO e actos organizados pola fundación (conferencias, partidos benéficos, concertos, festas…)
Descontos na inscrición do Campus de Verán e Escolas de Fútbol do REAL CLUB CELTA DE VIGO.

FORMACIÓN:
Comprométese a realizar polo menos 1 curso ou taller de formación cada tempada para adestradores, xogadores e/ou pais, que serán impartidos por técnicos titulados do REAL CLUB CELTA DE VIGO.
Poderemos participar en cursos de formación que se realicen na Fundación Celta ( Clinics, Campus, Escolas, etc)
Realizar nas instalacións do E.D.C Verín Clinics (Nadal/Semana Santa) con monitores vinculados á estrutura do RC Celta e/ou a súa Fundación Celta.
Os adestradores do E.D.C Verín poderán asistir e participar en adestramentos das categorías inferiores do REAL CLUB CELTA DE VIGO.
Agradecer a presenza de D. Germán Arteta Director da Fundación Celta e a D. Diego Sarabia.
Para nós é un orgullo que un equipo de primeiro nivel como o REAL CLUB CELTA DE VIGO firme un convenio coas nosas escolas. Non só por ser un dos grandes clubs a nivel nacional e internacional algo que de todos é coñecido, senón polo gran labor de formación nas categorías base que son un exemplo a nivel internacional, tanto na Madroa con mais de 250 nenos como na súa expansión internacional tanto en Estados Unidos, Arxentina, México (este último cun equipo que leva o seu nome CELTA CAMPECHE) é un claro exemplo da súa aposta polo fútbol base e a súa canteira. Por todo isto é para todos nós unha motivación poder seguir crecendo como escolas deportivas ao amparo dun Club tan reseñable como o REAL CLUB CELTA DE VIGO e poder empaparnos da súa metodoloxía para ensinar e infundir os grandes valores que ten este deporte.

Primeiro convenio que se asina desde as escolas cun club de gran prestixio. Agradecemos que se fixasen en nós como escolas formadoras, que contamos cuns 350 nenos/as con 21 equipos en competición, 5 deles en liga Galega, 3 destes na sección de fútbol. É a primeira vez que conseguen estar en liga galega, só houbo un hai 20 anos. Un deles, o Cadete está nos postos de arriba para poder dar o salto a División de honra.
Varios xogadores tendo seguimento de varios equipos e un deles o Celta de Vigo, co cal xa adestraron.
As escolas non terían tanto recoñecemento fóra de Verín polo gran labor que están a facer os monitores (20 e todos eles titulados) de forma altruísta.

Scroll al inicio